Centro de
Formación
01 | AGOSTO | 2017
REF: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (AFD 2017-2018)
CTV, S.A., como entidade acreditada de Formación Profesional para o Emprego dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, comezará a impartir no mes de setembro as seguintes accións formativas, dirixidas prioritariamente ás PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS (AFD 2017-2018),cofinanciadas pola Xunta de Galicia e pola Administración do Estado.
DENOMINACIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS:
AFD 100652 IMSD0108 ASISTENCIA Á REALIZACIÓN EN TELEVISIÓN (548 HORAS)
Programa Formativo | CP | FICHA CP | Programa
AFD 101963 IMSV0208 ASISTENCIA Á PRODUCIÓN EN TELEVISIÓN (528 HORAS)
Programa Formativo | CP | FICHA CP | Programa
AFD 102014 IMSV0308 CÁMARA DE CINE, VÍDEO E TELEVISIÓN (648 HORAS)
Programa Formativo | CP | FICHA CP | Programa
REQUISITOS DO ALUMNADO:
Terán prioridade as persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia con data anterior á súa incorporación ao curso.
NIVEL ACADÉMICO:
O requirido para o acceso aos novos Certificados de Profesionalidade de nivel 3.
DATA DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN:
Setembro (pendente de confirmar).
LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN:
CTV, S.A. – Edificio Plató 1000 - Rúa Tras da Estivada, 9-11, Montouto – Teo (A Coruña).
DATA DE INICIO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS:
Setembro 2017.
HORARIO:
09:00-14:00/15:00-21:00 (provisional).
O alumnado deberá realizar a solicitude na Oficina do Servizo Público de Emprego correspondente, facendo constar na mesma o número, código e denominación da acción formativa, e a entidade impartidora.
Para máis información poden chamar ao teléfono 981 509 202.
INFORMACIÓN RELACIONADA: