Land Rober Tunai Show
Xénero: Entretemento en directo.
Anos: 2009 - 2011, 2015 ata hoxe.
Público: Todos os públicos.
Premios: 2 Premios Mestre Mateo, 1 Premio Iris
Espectáculo en vivo, en directo e sen rede. Dúas horas de humor e emoción en “prime time” que semanalmente o converten a Land Rober en líder absoluto de audiencia.
Land Rober é unha gran produción de CTV para o prime time. O programa encádrase dentro dos grandes espectáculos televisivos e está dirixido por Xosé Arias e Roberto Vilar.
Roberto Vilar co seu colaborador estrela, Xosé Touriñán, e unha selección de magníficos comediantes e invitados sorpresa saen ó escenario deste Big Show co obxectivo de entreter, facer rir e sobre todo cativar o pensamento do espectador durante dúas hilarantes horas.
PREMIOS:
Land Rober Tunai Show: Mejor Programa de Televisión Autonómico.
Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual (2016):
Land Rober Tunai Show: Mellor Programa de Televisión.
Roberto Vilar: Premio Mestre Mateo ao Mellor Comunicador de Televisión.