A CANTANTE TAMARA, A ORQUESTRA LOS PLAYERS E O GRUPO CANGUÉS ASTAROT EN BAMBOLEO
‘Bamboleo’, o espazo de entretemento dos sábados pola noite na TVG, regresou a semana pasada con Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro á fronte. Os dous presentadores contaron coa visita dunha artista sevillana cunha voz prodixiosa: Tamara. Polo escenario do Bamboleo tamén pasaron o grupo Astarot e a orquestra Los Players que fixeron un espectáculo inigualable.
A gran noite de festa contou coa banda de rock Astarot, que leva 40 anos nos escenarios e que chegou co álbum titulado “Baixo a luz de Breogán”, no que renden homenaxe a escritores como Celso Emilio Ferreiro, Federico García Lorca, Xela Arias ou Rosalía de Castro e adiantan que xa están preparando un traballo novo.
Unha das orquestras míticas da verbena galega: Los Players, trouxo os seus ritmos ao plató do programa. Os protagonistas dos bailes foron “Os príncipes da bachata”: Alfredo e Andrea, que traron dúas fantásticas exhibicións de baile.
Na ‘Jrileira’ xogaron as Comisións de Festas de Sande en A Capela, Virxe do Carme de Catasós en Lalín, Laraxe en Cabanas e O Freixo en Outes. As dúas comisións gañadoras da primeira proba do concurso cantaron o tema “No soy un bastritboy” de Juanshows e tiveron que adiviñar o maior número posible de intérpretes en minuto e medio. A comisión que máis puntos fixo leovu un fantástico premio.
Na ‘ITV Do Amor’ un concursante do público tivo que adiviñar quen é a parella de Claudia estre os tres posibles candidatos que se medirán ás comprometidas preguntas da proba máis picante do programa.
Comments