top of page

Dani Fernández, Yoli Saa e a orquestra Finisterre puxeron a música no 'Bamboleo' deste sábado

Bamboleo espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro a noite dos sábados, recibe este sábado a visita de dous artistas que saborean o éxito no mundo da música coas súas carreiras en solitario: Dani Fernández e Yoli Saa.


Cos seus xogos, os colaboradores do programa, Tamara Pérez e Claudio Pan, puxeron a proba as habilidades dos convidados. Isi, pola súa parte, regresou con máis historias singulares.


A orquestra Finisterre converteu o estudio nunha verbena cunha selección de temas moi bailables. O ‘Dirtidansi’, a sección de baile profesional do ‘Bamboleo’, tivo como protagonista unha parella de bailaríns galegos, subcampións de bailes caribeños: Vicente e Laura.



Comments


bottom of page