top of page

O ladrón de 
Reliquias

Xénero: Comedia - TV Movie.

Ano: 2003

Director: José de Cora

Público: Todos os públicos

Unha banda de ladróns de arte profesionais, unha trama de corrupción e seitas secretas son os elementos sobre os que se constrúe esta historia de humor e intriga.

 

Ó descubrir o roubo das reliquias do Apóstolo na cripta da Catedral compostelá a Igrexa decide investigalo en segredo. 


Liberto, un estreito colaborador do Bispo Don Adolfino, ponse á fronte da operación e contrata o catedrático Cosme Durán, profundo coñecedor do sepulcro.
A partir de aí empezan as indagacións que os levarán a distintos puntos do Camiño de Santiago e incluso ata Portugal.

bottom of page