Supermartes
Xénero: Programa Concurso
Formato: 180’
Ano: 1992 - 2005 (635 emisións)
Público: Todos os públicos
Desde a súa estrea en 1992 permaneceu en antena de xeito ininterrompido ata decembro de 2005. En 1996 empeza a emitirse en rigoroso directo e a partir de aí dedícase a crecer en audiencia.Ao longo dos seus trece anos de andaina emítense 635 edicións do programa.
Supermartes é un concurso espectáculo dirixido a todos os públicos, no que só un dos participantes, despois de superar todas as probas, chega á Superpantalla final na que pode conseguir grandes premios. Cóntase coa colaboración de personaxes famosos para realizar as probas.
A súa interactividade facilita a participación tanto do público de plató como dos telespectadores desde a súa casa, que poden gañar numerosos premios.